A promoción 1977-1982 da Licenciatura de Empresariais celebra este sábado as súas vodas de prata
A promoción 1977-1982 da Licenciatura de Empresariais da USC celebrará este sábado, día 16, as súas vodas de prata nun acto que contará coa presenza da vicerreitora de Calidade e Planificación Estratéxica, María Dolores Álvarez Pérez, integrante deste grupo.
O acto académico desenvolverase a partir das 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e nel intervirán, ademais de María Dolores Álvarez, o representante dos alumnos e organizador do encontro, o profesor Fernando Barros Fornos, o profesor José A. Redondo López e a decana do centro, María Teresa Cancelo Márquez.