Skip to main content

O director xerente da empresa Marrón Glacé imparte unha conferencia no Máster en Administración Financeira e Tributaria

O director-xerente de Marrón Glacé SL, José Posada Enríquez, participa este mércores, día 20, no programa académico do Máster en Administración Financeira e Tributaria.
José Posada pronunciará a conferencia ‘A empresa galega ante unha economía globalizada: ameazas, perspectivas e oportunidades’ nunha sesión que comezará ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

The contents of this page were updated on 06.19.2007.