Skip to main content

Chega ao Campus de Lugo a mostra 'Cando a ciencia se converte en arte'

A mostra ‘Cando a ciencia se converte en arte’, organizada pola Vicerreitoría de Cultura e o Centro de Estudos Avanzados da USC, será inaugurada este mércores, día 27, ás 12:00 horas nun acto na Facultade de Ciencias de Lugo ao que asistirán os vicerreitores de Cultura e de Coordinación do Campus de Lugo, Elias Torres Feijó e Carlos Herrero Latorre, respectivamente, así como o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga.
A exposición achega ao Campus Lugo 66 fotografías de células, neuronas, bacterias, virus ou secuencias de ADN, entre outras, de gran riqueza cromática e beleza estética, realizadas polo Instituto Nacional de Saúde e da Investigación Médica francés. Permanecerá na Facultade de Ciencias ata o vindeiro día 20 de xullo.

The contents of this page were updated on 06.26.2007.