Skip to main content

Clausúrase o I Curso de Experto en Comportamento Deportivo

Preto dunha trintena de técnicos deportivos de toda a Comunidade Autónoma Galega asistiron estes últimos catro meses ao I Curso de Experto en Comportamento Deportivo co ánimo de mellorar a súa formación psicolóxica e integrala no desenvolvemento das funcións que teñen asignadas nos seus respectivos clubs.
O curso clausurarase este mércores, día 27, na Facultade de Psicoloxía nun acto no que, a partir das 20:00 horas, participarán a decana do centro, Socorro Rodríguez Holguín; o director do curso, o profesor Constantino Arce; e o secretario da Fundación Deporte Galego, Xosé Antón Fernández Rojo, coa que se asinou un convenio para a súa realización.
As clases correron a cargo de especialistas formados na Unidade de Psicoloxía Deportiva da USC que se centraron no estudo e análise das claves psicolóxicas e sociais do comportamento dos deportistas, dos adestradores e do seu ambiente.

The contents of this page were updated on 06.26.2007.