Skip to main content

O Colexio Maior Fonseca organiza unha xornada de lectura e interpretación do poema 'Crucifixión' de Lorca

O Colexio Maior Fonseca organiza este xoves 13 unha xornada de lectura e interpretación do poema de Federico García Lorca Crucifixión, incluído na súa obra Poeta en Nueva York, cuxo manuscrito foi recentemente adquirido polo Ministerio de Cultura. A xornada, cuxo obxectivo é congregar aos colexiais ao redor da biblioteca do centro, celebrarase a partir das 22:00 horas na Sala de Xogos do Colexio.
A iniciativa desenvolverase baixo a denominación ‘Lorca&Rioja’ xa que, tal e como destacan os seus promotores, co obxecto de darlle á cita o estatus de xuntanza literaria informal establecerase “unha ponte entre o sangue evocado no poema e o viño, que se vai servir como un compoñente en contra da inhibición e a favor da descontración”.

The contents of this page were updated on 12.12.2007.