Skip to main content

Entrega dos premios do concurso de proxectos de fin de carreira nas especialidades de Química Industria e Tecnoloxía dos Alimentos

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias será o marco escollido este martes 18, ás 13:00 horas, para a entrega dos premios do concurso de proxectos fin de carreira nas titulacións de Enxeñaría Técnica Industrial, en Química Industrial, e de Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos.
No acto estarán presentes o vicerreitor de Coordinación do Campus, Carlos Herrero; o decano da Facultade, Francisco Fraga; o decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera Gómez, así como representantes das empresas Proitec e Ingapán e das asociacións Altaga e Atabeira, patrocinadores do concurso.
No acto entregaranse tres premios en cada unha das titulacións, o que supón un total de 6.700 euros aos que se suma a posibilidade de obter un contrato de traballo.

The contents of this page were updated on 12.17.2007.