Skip to main content

O xerente da USC elixido vogal da Comisión Executiva da Mesa de Xerentes da CRUE

Pedro García Moreno, xerente da USC
Pedro García Moreno, xerente da USC

O xerente da Universidade de Santiago, Pedro García Moreno, acaba de ser elixido vogal do Comité Executivo da Mesa de Xerentes da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), que preside o reitor da Universidade de Castela A Mancha, Ernesto Martínez Ataz.
Coa incorporación de Pedro García, o Comité Executivo confórmano representantes das universidades de Sevilla, León, Zaragoza, Castela A Mancha, Complutense de Madrid, Autónoma de Barcelona e Politécnica de Valencia.
A Mesa de Xerentes é unha das dez Comisións a través das que desenvolve a súa función a CRUE. Nela participan os xerentes das 71 universidades públicas e privadas que actualmente conforman a Conferencia de Reitores.

The contents of this page were updated on 12.18.2007.