Skip to main content

A Facultade de Ciencias analiza cun relatorio a situación da certificación en Galicia

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo acolle este xoves, día 7, o relatorio ‘Os modelos innovadores na Xestión. Situación da certificación en Galicia’ que será impartido por Patricia López Quintiá, da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico da Consellaría de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.
O relatorio, que terá lugar ás 13:00 horas no Salón de Actos do centro, enmárcase dentro da materia ‘Garantía da Calidade’ aínda que está aberta a calquera persoa interesada.

The contents of this page were updated on 06.06.2007.