Skip to main content

A USC renovará o convenio de colaboración con Aresa para a convocatoria dos VIII Premios de Desenvolvemento Rural

A USC renovará o vindeiro luns 9 o convenio de colaboración que mantén coa empresa Aresa e polo que se celebra o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural dirixido a proxectos de investigación, persoas e insittucións e persoas que traballan neste campo. Dende a primeira sinatura desta colaboración xa se celebraron sete edicións dos citados premios.
Á sinatura do convenio, que se celebrará ás 12:30 horas na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, asistirán o reitor da USC, Senén Barro, o vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero Latorre, e o presidente do Consello de Administración de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras.

The contents of this page were updated on 07.06.2007.