Skip to main content

Os investigadores do Campus de Lugo reuníronse coa vicerreitora de Investigación para fixar liñas de traballo e abordar a súa xestión

Os investigadores do Campus de Lugo reuníronse este xoves na Facultade de Ciencias coa vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso, co propósito de coñecer as actuais liñas de traballo do departamento que dirixe. Así, na xuntanza, á que tamén asistiron co vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e o vicerreitor adxuntode Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino, explicóuselles o recoñecemento do esforzo investigador, os cambios nos indicadores da produción científica e a captación de recursos humáns a través de convocatorias competitivas, entre outras cuestións.
Nunha segunda parte da reunión está previsto abordar aspectos relacionados coa xestión da investigación, como a nova estrutura organizativa do CITT e a creación da Oficina de Proxectos Europeos. Os vicerreitores tamén falaron cos investigadores sobre os cambios regulamentarios do Ministerio de Educación e Ciencia e da Xunta de Galicia na xustificación dos proxectos de investigación e as directrices xerais para o orzamento e desenvolvemento de contratos e convenios de i+D con empresas e administracións.

The contents of this page were updated on 07.05.2007.