O director do Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio clausura o Máster en Administración Financeira e Tributaria da USC
O director do Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Economía e Facenda, Jesús Ruiz-Huerta Carbonell, clausurará este venres, día 6, o curso académico do Máster en Administración Financeira e Tributaria da USC que dirixe o profesor Luis Caramés.
A intervención de Ruiz-Huerta, titulada ‘Problemas e alternativas do financiamento autonómico’, desenvolverase ás 17:45 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.