Skip to main content

A incubadora de empresas da USC, Uninova, recibirá unha representación en bronce da marca Aenor en recoñecemento á certificación de calidade obtida recentemente

Será no transcurso do 6º Cumio Galego de Calidade

A incubadora de empresas da USC, Uninova, recibirá este xoves 12 unha representación en bronce da marca Aenor en recoñecemento á certificación de calidade obtida entre o 15 de agosto de 2004 e o 15 de maio de 2007. O xerente de Uninova, Gustavo Marcos Cancelas, será o encargado de recoller a representación que se lle será entregada no transcurso do 6º Cumio Galego de Calidade.
O encontro comezará ás 17.30 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela cun programa que inclúe a celebración dunha mesa redonda sobre as novas fronteiras da certificación, sesións técnicas paralelas sobre xestión ambiental e seguridade e saúde laboral e a entrega de representacións da marca Aenor ás empresas e institucións que obtiveron a certificación de calidade recentemente. A clausura do 6º Cumio Galego da Calidade terá lugar ás 19.30 e contará coa presidencia do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu.
AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) vén apoiando dende hai tempo o crecente compromiso coa calidade das empresas e institucións galegas. Mediante esta vía, conseguen ser cada vez máis competitivas e responder dun xeito máis eficiente ante as demandas dos seus usuarios.

The contents of this page were updated on 07.11.2007.