Skip to main content

Marful actuará no Anfiteatro Aberto do Campus de Lugo dentro do programa 'Entre lusco e fusco'

O grupo Marful actuará este xoves, día 19, ás 20:30 horas no Anfiteatro Aberto do Campus lugués dentro do programa de actuacións ao aire libre ‘Entre lusco e Fusco’ que organiza Lugo Cultural e que se desenvolve durante todo o mes de xullo na cidade das murallas.
Esta agrupación musical mistura diferentes ritmos que soaban nas vilas galegas entre os anos 30 e 50 nos salóns de baile e nos cafés cantantes, como é o caso da música tradicional americana, a música popular e a canción melódica. Twist, tangos, habaneiras e pasodobres forman parte do seu repertorio, con letras persoais e irónicas feitas pola propia cantante, Uxia Pedreira, e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.
Marful, formado pola cantante Uxia Pedreira, Pedro Pascual ao acordeón, Pablo Pascual no clarinete e Marcos Teira coa guitarra, veñen de presentar o seu primeiro disco.

The contents of this page were updated on 07.18.2007.