Skip to main content

O reitor Senén Barro e os responsables de centros reuníronse para debater sobre a futura ordenación das ensinanzas universitarias

O reitor Senén Barro Ameneiro reuniuse este martes no Colexio de San Xerome cos decanos e directores de centros da Universidade de Santiago co fin de informar e debater sobre o borrador do proxecto do Real Decreto polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias especiais.
Deste xeito, na xuntanza analizouse este real decreto que ten por obxecto establecer a estrutura das ensinanzas universitarias oficiais españolas, de acordo coas liñas xerais emanadas do Espazo Europeo de Educación Superior. Ao mesmo tempo, esta normativa tamén explica os aspectos básicos da ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e o procedemento de verificación que deberán superar os plans de estudos conducentes á obtención de títulos.

The contents of this page were updated on 07.24.2007.