Skip to main content

Presentación da Memoria de Responsabilidade Social da USC correspondente ao ano 2005

A USC foi a primeira Universidade española que presentou, xa hai dous anos, unha Memoria de Responsabilidade Social

A Memoria de Responsabilidade Social da USC correspondente ao ano 2005 será obxecto de presentación pública este venres, día 26, nun acto a celebrar ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Na presentación intervirán o reitor Senén Barro Ameneiro e a vicerreitora de Calidade e Planificación, María Dolores Álvarez.
A USC foi, xa hai dous anos, a primeira Universidade española e das primeiras de Europa en elaborar unha Memoria de Responsabilidade Social segundo a metodoloxía Global Reporting Initiative (GRI). Con este terceiro documento preténdese igualmente render contas á sociedade do uso dos recursos postos á súa disposición para o cumprimento das súas funcións, aclarando o alcance dos seus logros e as expectativas reais do seu desenvolvemento dando conta, en definitiva da súa responsabilidade social.

The contents of this page were updated on 07.26.2007.