Skip to main content

Remata na Facultade de Ciencias da Educación o IV Congreso 'Materiais e recursos didácticos innovadores'

O IV Congreso ‘Materiais e recursos didácticos innovadores’ clausurarase este xoves, día 5, na Facultade de Ciencias da Educación onde se celebra dende o luns co obxectivo de impulsar a difusión de experiencias e materiais didácticos innovadores concibidos, promovidos e implementados nos últimos anos dende moi diversos colectivos de carácter educativo. O encontro está organizado polo Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC e polo colectivo Nova Escola Galega.
O programa previsto para o xoves 5 inclúe a presentación de experiencias relacionadas coa utilización de materiais e recursos xornalísticos na escola, o conto musical, a fotografía dixital como recurso didáctico-artístico, ou cultura e interculturalidade nos centros, entre outros asuntos. Na presentación dos relatorios intervirán expertos universitarios así como profesionais procedentes do ensino secundario.

The contents of this page were updated on 07.04.2007.