Skip to main content

Exposición

‘Epidemias nun mundo conectado’

Xoves 12 de decembro, ás 19.00 horas

Museo de Historia Natural (Santiago)

A exposición pretende divulgar a importancia da investigación en microbioloxía explicando á cidadanía, nunha linguaxe moi sinxela, como os factores humanos, animais e ambientais contribúen á expansión dos brotes (outbreaks) epidémicos nun mundo globalizado, onde os axentes infecciosos se moven libremente entre fronteiras.

Cartel da nova exposición temporal do MHN
Cartel da nova exposición temporal do MHN

O Museo de Historia Natural acollerá nas súas salas a exposición ‘Outbreak: Epidemics in a connected World’ (Abrochos: Epidemias nun mundo conectado), organizada orixinariamente polo Smithsonian National Museum of Natural History (Washington DC, EEUU) en colaboración con diversas entidades internacionais. Esta exposición conta coa financiación da American Society for Microbiology, a través do seu programa de Embaixadores Internacionais, e a colaboración do Concello de Santiago de Compostela e a propia USC.

Os paneis informativos agrúpanse en torno a catro temas: a orixe dos abrochos (como se produce a transmisión das enfermidades dos animais ás persoas e os factores que contribúen á súa propagación); como frear a súa propagación (análise dos factores que poden diminuír os riscos dos abrochos epidémicos); a detección, resposta e contención (interacción das persoas que traballan en diferentes campos para identificar e controlar a propagación de enfermidades potencialmente perigosas), e os perfís das enfermidades, pois é preciso que os individuos e as comunidades coñezan a propagación, o tratamento e a prevención de zoonose tan importantes como o Évola, a tuberculose e a influenza.

 

The contents of this page were updated on 12.12.2019.