A sesión de clausura da quinta edición do posgrao propio da USC citará este venres alumnos, docentes e responsables académicos e políticos
A quinta edición do Máster en Produción de Leite, un posgrao propio da USC coordinado polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo José Manuel Pereira, chega este venres 13 de decembro ao seu colofón coa celebración dunha sesión de clausura, no marco da que se procederá á entrega de diplomas e premios ao alumnado que superou con éxito este programa formativo ligado ao sector leiteiro.
A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Tomás Cuesta García, e o deputado provincial delegado da área de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, tamén intervirán nesta cerimonia académica.