Skip to main content

Ciclo de Conferencias Abertas

'Diario Nihilista dun Antropólogo'

Xoves 19 ás 19.00 horas

Santiago
Salón de Actos

O salón de actos da Facultade de Filosofía acollerá o xoves 19 de decembro de 2019, ás 19:00 h., a conferencia do antropólogo e escritor Manuel Mandianes, titulada “Diario Nihilista dun Antropólogo”, que pecha o Ciclo de Conferencias Abertas no presente ano 2019

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

Manuel Mandianes naceu en Loureses, parroquia de Aguís (os Blancos, Ourense) en 1942. Estudou Humanidades e Filosofía no Seminario de Misións de Burgos. Estudou despois Teoloxía e Antropoloxía na Universidade de Estrasburgo II, onde se doutorou en Teoloxía en 1979 e en Antropoloxía (1981), neste caso cunha tese titulada Vivre en Galice. No ano 1982 acadou en España o doutoramento en Ciencias Políticas e Socioloxía.

A súa carreira profesional desenvolveuna no CSIC en Barcelona, do que foi científico titular desde 1996 ata 1999, dirixindo o Instituto de Estudos Avanzados. O seu libro Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega (Galaxia 1984), publicado un ano antes en Francia, converteuse nun ensaio de referencia na antropoloxía galega. Ten publicado obras antropolóxicas sobre o Camiño de Santiago e a Peregrinación, o Ciclo da vida, sobre a España contemporánea, entre outros temas, recibindo o Premio da Crítica 2004, na modalidade de Ensaio e Pensamento, polo seu ensaio O río do esquecemento. Identidade Antropolóxica de Galicia (2003).

Manuel Mandianes é membro da Sociedade de Estudos Euroasiáticos, da Sociedade de Mitoloxía Francesa e da Asociación Europea de Antropólogos Sociais. Participou tamén na creación da Organización de Etnólogos e Antropólogos (Eurethno), patrocinada polo consello de Europa.
 

The contents of this page were updated on 12.19.2019.