Venres 10, ás 18.00 horas
A USC presenta a terceira edición desta iniciativa
A USC, desde o seu Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e o Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU), xunto coa plataforma educativa Espazo Emociona, inaugura a terceira edición do Curso de Especialización en Educación Emocional. Esta é unha iniciativa pioneira que contará coa participación de persoal investigador e profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional na área da educación emocional e social.