Skip to main content

Congreso

Iberian Strings 2020

Mércores 15, ás 08.30 horas

Hospederia de San Martiño Pinario
Santiago

Organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC, Iberian Strings 2020 é a undécima reunión anual da comunidade teórica de cordas española e portuguesa, na que se comentan os desenvolvementos recentes no campo da supergravidade, cordas, branas e teorías gauge.

Cartel do congreso
Cartel do congreso

Especialistas en teoría de cordas de fóra da Península Ibérica participarán no congreso, que terá lugar entre o 15 e 17 de xaneiro na Hospedería San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.

Esta serie de conferencias continúan o "Obradoiro sobre aspectos gravitacionais das cordas e as branas" e o "Cordas do noroeste" que os teóricos da cordas ibéricas levaban organizando dende principios dos anos 2000. As edicións anteriores de Iberian Strings tiveron lugar en Barcelona (2019), Granada (2018), Lisboa (2017), Madrid (2016), Salamanca (2015), Palencia (2014), Lisboa (2013), Bilbao (2012), Valencia (2011) e Oporto (2010).
 

The contents of this page were updated on 01.15.2020.