Skip to main content

Conferencia

Pablo Sánchez Quinteiro, protagonista nos Xantares Bocientíficos de BioReDes

Venres, 17 de xaneiro, ás 13.00 horas

Edificio Cactus (Lugo)

O profesor na Facultade de Veterinaria ofrecerá o relatorio 'Sexo, feromonas e cerebro: das bases anatómicas á xenómica' este venres no edificio Cactus

Edificio Cactus (Lugo)
Edificio Cactus (Lugo)

O profesor da área de Anatomía e Anatomía Comparadas da USC na Facultade de Veterinaria ofrecerá este venres, a partir das 13.00 horas, no edificio Cactus do Campus de Lugo, o relatorio ‘Sexo, feromonas e cerebro: das bases anatómicas á xenómica’.

A exposición do profesor Sánchez Quinteiro encádrase no marco dos Xantares Biocientíficos de BioReDes, unha iniciativa promovida pola agrupación estratéxica de investigación do Campus Terra da USC para dar visibilidade ás liñas de traballo e proxectos científicos de especial interese polo seu impacto social, económico e ambiental, así como polo seu grao de innovación, que se están a desenvolver na sede universitaria luguesa.

Sánchez Quinteiro afondará na súa intervención sobre potencias aplicacións das feromonas cara a unha produción alimentaria sustentable. As feromonas son sinais químicos intraespecíficos que modulan a fisioloxía da reprodución e o comportamento social e sexual dos animais. A súa aplicación nos mamíferos, tanto de cara á mellora do benestar dos individuos como a o seu uso terapéutico e produtivo na tecnoloxía da reprodución, tense convertido nunha prometedora liña de investigación, dado que se trata dunhas substancias de carácter natural aínda moi pouco empregadas incluso a niveis subfisiolóxicos.

Unha vez rematada a sesión expositiva e o posterior coloquio, que está aberta á participación de todas as persoas interesadas pola temática, todo o público participante poderá compartir uns petiscos por xentileza da agrupación estratéxica de investigación BioReDes.

The contents of this page were updated on 01.16.2020.