Mércores 29, 19.00 horas
Rúa do Vilar, 19
Tras a visualización do filme, terá lugar un coloquio coa súa produtora Zaza Ceballos

A USC e o Ateneo de Santiago, coa colaboración do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e Afundación, teñen programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, a proxección da película “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres” dentro dos actos para conmemorar o Bicentenario do nacemento de Concepción Arenal. Tras a visualización do filme, terá lugar un coloquio coa súa produtora Zaza Ceballos.