Skip to main content

II Xornadas Mulleres, Ciencia e Tecnoloxía

Martes, 11 de febreiro, ás 12.00 horas

As comisións de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias e da EPS de Enxeñeñaría do Campus de Lugo celebran un foro sobre emprendemento feminino con base científico-tecnolóxico polo Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

As comisións de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, as profesoras María Ángeles Romero Rodríguez e Dolores Fernández Rodríguez, respectivamente, celebrarán o martes 11 de febreiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias de Lugo, a segunda edición das xornada Mulleres, Ciencia e Tecnoloxía.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, será a encargada de abrir esta sesión, organizada co gallo da celebración do Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia e no marco da que se desenvolverá un debate sobre emprendemento feminino con base científico-tecnolóxico, no que participarán como relatoras catro mulleres emprendedoras.

A xornalista e presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, actuará como moderadora da sesión, na que intervirán a CEO da empresa de tecnoloxía en análise sensorial TasteLab, Maruxa García; Carme Cillero Castro, da empresa de enxeñaría ambiental 3edata; Tamara Arango López, promotora da empresa de certificación de benestar animal BeWell, e a consultora de dietética e nutrición Ángeles Novo Martínez.

As persoas interesadas en participar nesta sesión poden formalizar a súa inscrición de balde a través da web www.usc.gal/oix. O público poderá solicitar o correspondente diploma de asistencia.

 

The contents of this page were updated on 02.07.2020.