Skip to main content

Presentación pública

Fondo documental DOAME

Martes 11 de febreiro, ás 11.30 horas

AHUS (Casas Reais)
Santiago

O grupo de investigación da USC Histagra, en colaboración co Arquivo Histórico, presenta este martes 11, a partir das 11.30 horas, o fondo ‘Documentación da Oposición Antifranquista e Movemento Estudantil da Universidade de Santiago’ (DOAME). Esta iniciativa naceu coa intención de recoller, catalogar e conservar os materiais xerados polo estudantado compostelán

Histagra vén recibindo desde hai anos documentación de particulares relativa á loita estudantil na USC
Histagra vén recibindo desde hai anos documentación de particulares relativa á loita estudantil na USC

O reitor Antonio López, a directora do Arquivo Désirée Domínguez Pallas e o investigador principal de Histagra, Lourenzo Fernández Prieto, tomarán parte nun acto público no que se darán a coñecer os materiais cos que conta este fondo documental e que permanece aberto a futuras doazóns. “Trátase de constituír un fondo documental que poña en valor e a disposición das persoas interesadas toda a información pública e privada xerada polo movemento estudantil entre 1960 e 2000”, afirman os impulsores desta iniciativa. 

Histagra vén recibindo desde hai anos documentación de particulares relativa á loita estudantil na USC levada a cabo tanto durante a época franquista como na transición e na posterior etapa democrática. Atendendo á importancia da documentación recibida, este grupo de investigación deposita a colección no Arquivo Histórico Universitario da USC para a súa correcta custodia, organización e conservación e a súa posta a disposición como fonte de investigación histórica.
 

The contents of this page were updated on 02.10.2020.