Skip to main content

Concerto

Pablo Sanmamed Trío abre o 'Lubicán Íntimo' coa presentación de '16/04'

Venres, 14 de febreiro, ás 21.00 horas

A actuación deste grupo de música de jazz radicado en Santiago de Compostela desenvolverase este venres, ás 21.00 horas, na Casa do Saber de Lugo. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

Portada do último traballo de Pablo Sanmamed Trío
Portada do último traballo de Pablo Sanmamed Trío

A formación galega de música jazz Pablo Sanmamed Trío, integrada por Pablo Pérez Sanmamed, contrabaixo; Iago Mourinho, no piano, e Bruno Couceiro, na batería, abrirán este venres 14 de febreiro, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o ciclo Lubicán Íntimo do Lugo Cultural, co concerto de presentación do seu último traballo ‘16/04’.

Este grupo, que dá boa conta da vitalidade da escena galega do jazz, está radicado en Santiago de Compostela e practica nas súas creacións musicais un ‘post jazz’ trufado de pequenas doses de variadas músicas que van dos valses franceses (‘Septembro’), música pensada para cuarteto de corda (‘L.H.’), horos romanís (‘Duas Mulheres’) ou música feita con cuarteto de corda (‘Dujmey tinQu´’) sen asustarse a hora de afrontalas.

Pablo Sanmamed Trío consigue crear coa súa música atmosferas especiais deconstruíndo a linguaxe do  jazz con influencias marcadas por grupos como Bad Plus, Phronesis, E.S.T. ou os de máis preto, como Sumrá.

The contents of this page were updated on 02.12.2020.