Skip to main content

Día Mundial da Xustiza Social

A Rede TIL Lugo, á que pertence a USC, organiza un relatorio e un manifesto

Mércores, 19 de febreiro, ás 18.30 horas

Lugo
O Vello Cárcere

O director técnico da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), Xosé Cuns, ofrecerá una charla sobre pobreza e exclusión no Vello Cárcere de Lugo, no marco dunha sesión que rematará coa lectura dun manifesto

Cartaz da xornada promovida pola Rede TIL Lugo
Cartaz da xornada promovida pola Rede TIL Lugo

A  Rede de Técnicos de Inserción laboral Lugo (TIL), constituída como un foro de encontro, discusión e traballo, no que participa a USC, a través da súa Área de Orientación e Inserción Laboral, xunto con outras nove de entidades que prestan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, conmemorará o mércores 19 de febreiro o Día Mundial da Xustiza Social coa celebración dun acto reivindicativo no salón de actos do Vello Cárcere de Lugo.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, abrirá ás 18.30 horas, esta sesión, de entrada libre e aberta á participación de todo o público interesado, cun breve acto de benvida ao público presente. De seguido, o director técnico da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), Xosé Cuns, ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Defender a xustiza social, combatendo mentiras e prexuízos, xunto ás persoas en pobreza e exclusión’.

A Rede TIL Lugo, da que actualmente forman parte ASFEM-AFAMMER, Cáritas Diocesana de Lugo, COGAMI, Cruz Roja, Down Lugo, FADEMGA, FAXPG, FEAFES Galicia, Fundación Secretariado Gitano, Igaxes e a USC, a través da súa Área de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo, rematarán este acto reivindicativo de xustiza social coa lectura dun manifesto.

The contents of this page were updated on 02.13.2020.