O proxecto da USC Mentoring para o desenvolvemento persoal e profesional desenvolve este venres 28, a partir das 9.45 horas, na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Rúa Casas Reais, nº 8), unha sesión de networking para mentores. O reitor Antonio López e a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos Mar Lorenzo Moledo darán a benvida aos participantes na sesión.

Poñer en contacto ao estudantando de máster, graduados ou último ano de grao con directivos de empresas e profesionais, co fin de que estes poidan orientalos e apoialos no desenvolvemento da súa carreira profesional é a finalidade desta iniciativa. Na sesión do venres os futuros mentores recibirán formación en materia de recursos, ferramentas e estratexias para o proceso de mentorización. Asemade, poderán intercambiar os seus diversos puntos de vista a través dun coloquio final.