A cerimonia de entrega destes galardóns inclúe o relatorio 'Mulleres de monte: polivalencia no sector forestal', a cargo da xefa de área de Ence en Asturias e lugo, Carmen Jorge
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC celebra este mércores 4 de marzo, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario, o acto de entrega do premios do IV Concurso de Traballos de Fin Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural, unha iniciativa promovida desde a comisión de igualdade coa pretensión de facer visible a pegada feminina neste ámbito.
A entrega destes galardóns, un acto que se encadrada nos actos organizados desde a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, desenvólvese no marco dunha sesión na que Carmen Jorge, xefe de área de Ence en Asturias e Lugo, ofrecerá o relatorio ‘Mulleres de monte: polivalencia no sector forestal’.