Skip to main content

Conferencia

'¿Deciden como las personas los Sistemas Autónomos de Decisión?'

03.25.2020 | 16.30h

CiTIUS
Santiago

O relatorio correrá a cargo de José Luis Verdegay da Universidade de Granada

CiTIUS
CiTIUS

Os sistemas baseados en Intelixencia Artificial chegaron a lograr niveis de competencia na toma de decisións que en moitos ámbitos igualan, cando non superan, aos das persoas. Trátase de Sistemas Autónomos de Decisión que aínda que poden aumentar a capacidade e eficiencia das persoas nos seus respectivos ámbitos de actuación, tamén poderían substituír a estas, algo que preocupa ao conxunto da Sociedade.

Deste xeito, evitar posibles disfuncións nestes sistemas, tanto de funcionamento como de substitución de persoas, é un obxectivo social, científico e tecnolóxico prioritario, que fai máis necesario que nunca contar con modelos que recollan toda a riqueza e variedade dos problemas de decisión que hai que afrontar  e que atendan as formulacións éticas que deben guiar o seu funcionamento. Este relatorio está dedicado a describir estes aspectos. José Luis  Verdegay é Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Granada. 

The contents of this page were updated on 03.03.2020.