Skip to main content

Hit the Beat presenta en concerto 'Música entre amigos' na Casa do Saber

Luns, 9 de marzo, ás 21.00 horas

Lugo
Casa do Saber

A formación luguesa volve ao ciclo 'Na Calzada', promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, para presentar o seu variado repertorio de versións nun espectáculo que no tamén participa o mago Nacho Samena

Hit the Beat
Hit the Beat

O grupo lugués Hit the Beat regresa ao ciclo ‘Na Calzada’, para presentar o seu último traballo, ‘Música entre amigos’, nun concerto, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe apoio económico da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, no que esta formación pretende amosar ao público unha ampla mestura de estilos (jazz, pop, rock, ragtime...).

Hit the Beat, unha formación integrada por 4 mozos lucenses que atoparon na música a súa forma de expresión, interpretará nesta actuación as súas versións de temas en diversos estilos e ata haberá un momento do concerto no que será o público o que decida parte do que suceda no escenario.

Iván Rodríguez, na guitarra; Antón Calviño, á batería; Nacho Samena, no piano, e Marta Mera, quen será a encargada da parte vocal, dan vida a Hit the Beat, un grupo que mestura a súa música coa maxia de Nacho Samena. A actuación é de entrada libre e de balde ata completar o aforo.

 

The contents of this page were updated on 03.06.2020.