Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Zoom

Faraón Llorens, director da Cátedra Santander-UA de Transformación Dixital - Universidad de Alicante, e Senén Barro Ameneiro, director do CiTIUS - USC serán os encargados deste faladoiro sobre educación durante a pandemia do COVID-19.
Esta videoconferencia gratuita e aberta ao público require inscripción previa a tavés da plataforma Zoom. Fai click aquí para rexistrarte como público.
O ciclo de encontros online 'COVID-19: Hoxe é o día despois' reunirá ao longo das próximas semanas a expertos e expertas nacionais e internacionais para abordar temas relevantes no contexto da crise provocada polo COVID-19.