Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Ana Núñez Rubines, do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, ofrecerá estar charla sobre os posibles efectos psicolóxicos da situación causada polo COVID-19. Podes acceder facendo click aquí a patir das 18.00 horas do martes 12 de maio.
Ao remate da intervención da experta terá lugar un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.
Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.