Skip to main content

Orientación Laboral ofrece asesoramento por videoconferencia

Pódese solicitar cita para recibir asesoramento laboral a través de videoconferencia. FOTO: Santi Alvite
Pódese solicitar cita para recibir asesoramento laboral a través de videoconferencia. FOTO: Santi Alvite
Este servizo da USC continúa desenvolvendo a súa actividade habitual de modo telemático solicitando cita a través de enderezo electrónico
Santiago de Compostela

Malia a actual situación de confinamento, a Área de Orientación Laboral da USC continúa a resolver todas as dúbidas do alumnado de modo telemático. A través do enderezo orientacion.laboral.santiago [at] usc.es (orientacion[dot]laboral[dot]santiago[at]usc[dot]es) é posible solicitar cita para recibir asesoramento laboral a través de videoconferencia.

"Resolvemos dúbidas puntuais sobre programas de prácticas de iniciación á empresa, formación especializada e complementaria, saídas profesionais, elaboración do crrrículo, busca de emprego, así como recursos para buscar traballo como portais de emprego, boletíns, Linkedin e outras redes", explican dende esta área da USC. Asemade, e a través de videoconferencia, atenden ao alumnado que quere entrevistas de orientación laboral porque "teñen consultas máis longas sobre estas temáticas ou precisan apoio para iniciar o seu proxecto profesional de acceso ao emprego", afirman.

"Ademais estamos preparando unha serie de videopresentacións sobre programas de prácticas que iremos publicando proximamente", engaden.

A elaboración e publicación do boletín de información profesional BIP, así como a recepción e difusión de ofertas de emprego, prácticas e de toda aquela información de interese a través da páxina web da Área de Orientación Laboral e das súas redes sociais son outras das actividades que está a levar a cabo a Área.

The contents of this page were updated on 05.06.2020.