Skip to main content

As aplicacións das redes neuronais á física de altas enerxías e á industria, obxecto de análise na USC

Cartel do curso
Cartel do curso
O curso en liña impulsado dende o IGFAE desenvolverase as mañás do 25, 26 e 27 de maio e o 1, 2 e 3 de xuño a través de Microsoft Teams
Santiago de Compostela

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC impulsa o curso en liña 'Redes Neuronais: aplicacións á física de altas enerxías e á industria' que se desenvolverá as mañás do 25, 26 e 27 de maio e o 1, 2 e 3 de xuño. A actividade desenvolverase a través de Microsoft Teams e é necesario rexistrarse previamente.  

As redes neuronais artificiais (ANN) son modelos computacionais capaces de aprender de conxuntos de datos proporcionados previamente, que constitúen un paradigma diferente ao dos algoritmos de computación clásicos nos que as tarefas se executan secuencialmente. Esta capacidade permitiu ás ANN producir solucións precisas para problemas complexos, como o recoñecemento de imaxe ou son, que superan significativamente as solucións baseadas na informática clásica. O seu desenvolvemento foi axudado polas rápidas melloras nas capacidades de hardware nas últimas dúas décadas e hoxe en día é un campo de estudo activo cuxas aplicacións se estenden moito máis alá da investigación académica.

Neste curso introduciranse métodos básicos en aprendizaxe automática e ANN a nivel conceptual e práctico, así como algunhas aplicacións interesantes en física de partículas e industria. 

The contents of this page were updated on 05.19.2020.