Skip to main content

Ciclo de conferencias 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo'

'Historia da gravidade', impartida por Ana Garbayo

05.21.2020 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE

Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE
Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE

A investigadora predoutoral do IGFAE, Ana Garbayo, fará unha breve introducción sobre catro interaccións fundamentais que gobernan desde os obxectos máis grandes ata os máis pequenos do universo, prestando especial atención á interacción gravitatoria.

Esta foi a primeira en chamar a atención dos grandes pensadores da antigüidade, quen xa levantaban a cabeza e tentaban explicar os intrincados movementos dos astros. A charla 'Historia da gravidade' é a terceira do ciclo do IGFAE, e demostra que, moitos séculos despois quedan preguntas por responder. Podes seguilo en directo o xoves 21 de maio a partir das 16.00 horas facendo click aquí, ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.

'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo', unha iniciativa do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC, ten por obxectivo construir pontes desde a cidade Xacobea cara o resto do mundo, nun momento de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago.

The contents of this page were updated on 05.19.2020.