Skip to main content

Ciclo de conferencias sobre COVID-19

'Virus emerxentes', impartida por Carmen Rivas

05.27.2020 | 18.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay
Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay

Carmen Rivas, do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da USC, impartirá esta charla titulada 'Virus emerxentes'. Poderase acceder á conferencia o mércores 27 de maio, a partir das 18.00 horas, facendo click aquí.

Ao remate da intervención terá lugar  un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.

Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.

The contents of this page were updated on 05.25.2020.