Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE

Atopar a orixe das cousas máis pequenas nas que se pode pensar require descubrir como nacen e morren as estrelas, e os mecanismos que inventamos no laboratorio para entender os misterios dos núcleos atómicos serven para diagnosticar e curar enfermidades.
Na cuarta sesión do ciclo de conferencias 'Universo Peregrino', o profesor do IGFAE Héctor Alvarez Pol, fará unha breve revisión do mundo subatómico, lembrándonos que todos somos po de estrelas. Podes seguilo en directo o xoves 28 de maio a partir das 16.00 horas facendo click aquí, ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.
'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo', unha iniciativa do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC, ten por obxectivo construir pontes desde a cidade Xacobea cara o resto do mundo, nun momento de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago.