Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Lourenzo Fernández Prieto, do departamento de Historia da USC, impartirá esta charla titulada 'A Historia en tempos de andazo! Coñecer pasados e pensar futuros'. Poderase acceder á conferencia o martes 2 de xuño, a partir das 18.00 horas, nesta ligazón.
Ao remate da intervención terá lugar un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.
Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.