Skip to main content

Ciclo de conferencias 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo'

'O CERN, entendendo a importancia dun dos maiores laboratorios científicos do mundo', impartida por Xabier Cid

06.11.2020 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE

Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE
Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE

Nos últimos anos o CERN, o laboratorio de física de partículas máis importante do mundo, tense convertido en protagonista de moitas novas, sobre todo relacionadas co Gran Colisor de Hadróns (LHC, polas súas siglas en inglés), o maior acelerador de partículas da historia. O xoves 11 de xuño ás 16.00 horas, o investigador do IGFAE, Xabier Cid Vidal explicará a relevancia do laboratorio, para así entender como a detección de partículas minúsculas require máquinas tan grandes e poderosas.

'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo' é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a comunidade galegofalante internacional. En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16.00 horas, o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.

Podes seguila en directo nesta ligazón, ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.

The contents of this page were updated on 06.08.2020.