Skip to main content

Ciclo de conferencias 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo'

'O universo do diminuto', impartida por Elena G. Ferreiro

06.18.2020 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE

Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE
Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE

Os seres humanos somos de natureza curiosa e máis dunha vez plantexámonos as preguntas: Por que estamos eiquí? De onde vimos? De onde ven o mundo? De que está feito? O xoves 18 de xuño ás 16.00 horas, a investigadora do IGFAE, Elena G. Ferreiro, tratará de mostrar que temos xa algunhas respostas do universo asombrosamente complexo no que vivimos.

'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo' é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a comunidade galegofalante internacional. En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16.00 horas, o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.

Podes seguila en directo nesta ligazón, ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.

The contents of this page were updated on 06.08.2020.