O evento, organizado por IEAF-FEF, contará cos profesores da USC Loreto Fernández e Luis Otero coma moderadores

En outubro de 2019, a delegación galega do Instituto Español de Analistas Financieros (IEAF) organizou o 'I Panel de Seguimento Financeiro da Economía Galega', no que se abordaron os retos pendentes da economía dixital.
Para continuar co debate aberto naquela sesión, o IEAF-FEF organiza unha sesión telemática a través da plataforma Zoom, que terá lugar o 17 de xuño ás 17.00 horas. O tema central será o impacto da crise desencadeada pola pandemia no proceso de transformación dixital en Galicia. A inscripción esta aberta nesta ligazón.
Os profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da USC, Loreto Fernández e Luis Otero, participarán nesta conferencia como moderadores. Os relatores desta nova edición serán Santiago Lago Peñas, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, César García Novoa, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela, e Domingo Docampo Amoedo, catedrático da área de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, e autor dun recente estudo publicado polo Foro Económico de Galicia.