Skip to main content

Ciclo de conferencias sobre COVID-19

'Homo moriens: Cara unha historia das pandemias'

06.18.2020 | 18.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

'Homo moriens: Cara unha historia das pandemias' é unha videoconferencia dividida en catro partes. Na presentación, impartida por Olalla López Costas do grupo EcoPast da USC, abordarase cánto sabemos das epidemias, das pandemias e da raiña vermella. Pedro López Barja e Diana Pelaz Flores, do grupo Síncrisis. Investigación en Formas Culturales da USC, falarán sobre a peste antonina e a peste negra, respectivamente. Para rematar, Olalla López impartirá a parte titulada 'Qué nos dín os esqueletos?'. Poderase acceder á conferencia o xoves 18 de xuño, a partir das 18.00 horas, facendo click aquí.

Ao remate da intervención terá lugar  un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.

Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.

The contents of this page were updated on 06.16.2020.