09.21.2020
O documento 'Bases para unha docencia presencial segura' actualiza o calendario do vindeiro curso

Segundo o acordado polo Consello de Goberno no documento 'Bases para unha docencia presencial segura', o primeiro período para impartir docencia no curso académico 2020-2021 comezará o día 21 de setembro de 2020 e rematará o 22 de decembro de 2020.
O período de apertura de actas estenderase entre o 11 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2021. Cada centro, en función das súas características e/ou circunstancias, fixará o calendario de exames de cada oportunidade dentro do período de apertura das actas. Terá que respectarse, en todo caso, o prazo de revisión das cualificacións provisionais.