Skip to main content

Curso 2020-2021

Prazo de solicitude para o Servizo Universitario de Residencias (SUR)

06.29.2020-07.28.2020

Santiago e Lugo

O SUR oferta un total de 1.061 prazas nesta convocatoria

Residencia universitaria. Foto: Santi Alvite
Residencia universitaria. Foto: Santi Alvite

O Servizo Universitario de Residencias (SUR) oferta para o vindeiro curso 1.061 prazas. O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 29 de xuño, ata as 14.00 horas do 28 de xullo de 2020. A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura nesta ligazón

O Consello tamén aprobou a convocatoria de prazas de aloxamento do SUR para membros da comunidade universitaria de cara a este verán 2020. A solicitude deberá cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática achegando a documentación xustificativa de cada caso, dende o día seguinte á publicación da convocatoria, ata as 14.00 horas do 28 de agosto de 2020. As solicitudes deberán facerse cunha antelación mínima de dous días hábiles. 

The contents of this page were updated on 06.22.2020.