O ránking de Shanghai destaca a produción científica da USC en quince materias

A USC é unha das universidades máis destacadas do mundo nun total de quince ámbitos específicos das Ciencias Naturais, a Enxeñaría, as Ciencias da Vida, as Ciencias Médicas e as Ciencias Sociais, segundo se desprende da última edición do ránking de Shanghai por materias (ARWU). A Universidade é unha das máis de 1.800 universidades de 90 países recollidas nesta versión por ámbitos temáticos específicos que inclúe un total de 54 materias.
Ademais dunha enquisa de excelencia académica, esta clasificación toma en consideración os datos bibliométricos de Web of Science e InCites para medir a grao de produtividade investigadora de cada institución analizada a súa calidade ou o alcance das colaboracións internacionais, entre outros aspectos.
Clasificación
A Universidade escalou posicións en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas situándose no intervalo, así como en Hostalaría e Xestión Turística, materia que ocupa a posición 201-300. Asemade, a USC mantén a súa posición en Ciencias Veterinarias (76-100) e en Odontoloxía (151-200). Tamén no intervalo 151-200 sitúase a Tecnoloxía Alimentaria. No intervalo 301-400, atópanse Matemáticas, Física, Química, Ciencias Agrícolas, Biotecnoloxía, Ciencias da Enerxía, Ciencias Medioambientais e Economía. Asemade, Ecoloxía ocupa o intervalo 401-500. A listaxe de materias nas que destaca a USC complétaa Enxeñaría Química no intervalo 401-500.