Organizado pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela

Este recital terá lugar no contexto da exposición homónima de Alfonso Costa que, dende o 2 de xullo ata o 29 de agosto, está aberta ao público nas salas de exposicións do Colexio Fonseca da USC. Nel participan os e as poetas M.A. Fernán‐Vello, F.X. Fernández Naval, Margarita Ledo, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas, Xavier Seoane e Eva Veiga. A música estará a cargo de GRUS ART (Bernardo Martínez e Fito Ares), e o evento será presentado pola profesora e crítica Teresa Seara.
Seguindo as instrucións do protocolo COVID‐19 no relativo á capacidade da sala, é necesario confirmar a asistencia ao acto no teléfono 881811018 ou 881811103, entre as 9:00 e as 14:00 horas, con data límite o mércores 29 de xullo.