Skip to main content

Congreso

'Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Emprendemento GEM-CEE'

09.24.2020-09.26.2020 | 17.00h

A participación no congreso poderá ser presencial ou telemática

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite

O Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Emprendemento, impulsado polo Grupo GEM Galicia e a iniciativa lusa CEE2020, en colaboración coa USC, a Xunta de Galicia, a Asociación Científica da Economía e Dirección da Empresa e a Rede GEM España, terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela. Nel abordaranse novos horizontes de colaboración en emprendemento. 

A inscrición para participar de xeito presencial ou telemático está aberta ata o 18 de setembro. Toda a información sobre o evento, o programa, as temáticas ou mesmo posibles aloxamentos está dispoñible na web do congreso.

Para calquera dúbida relacionada co congreso, está habilitada a seguinte dirección de correo: secretaria [at] encuentrogemcee2020.org (secretaria[at]encuentrogemcee2020[dot]org)

 

The contents of this page were updated on 08.04.2020.