Skip to main content

A Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións recoñece os TFG e TFM que afonden na ruta xacobea

A dirección desta cátedra institucional da USC resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. FOTO: Santi Alvite
A dirección desta cátedra institucional da USC resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. FOTO: Santi Alvite
Outorgarase un único premio en metálico de 500 euros para o traballo premiado, acompañado do correspondente diploma acreditativo
Santiago de Compostela

Mantense aberto o prazo para concorrer ao III Premio a Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Máster (TFM) sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións. Poderá presentarse a estes premios o estudantado nacional ou estranxeiro que teña defendido durante o curso académico 2019-2020, un TFG ou un TFM que tivera como tema de estudo o Camiño de Santiago e as Peregrinacións. Outorgarase un único premio en metálico de 500 euros para o traballo premiado, acompañado do correspondente diploma acreditativo. Nesta ligazón pode accederse ao texto completo da convocatoria

O prazo de presentación para participar neste premio impulsado dende a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións da USC, pecharase o día 30 de setembro. O xurado valorará a orixinalidade do traballo (25%), as novidades das súas aportacións ao coñecemento dos temas estudados (25%), a actualidade e calidade da súa metodoloxía (25%), a bibliografía citada (10%), así como os trazos formais dos textos, isto é, a calidade da redacción, xeito de presentar e estruturar a información e a calidade do aparato gráfico (15%). A dirección desta cátedra institucional da USC resérvase o dereito a publicar os traballos premiados, previa autorización do autor.

The contents of this page were updated on 09.03.2020.