A actuación da actriz galega será o luns, a partir das 20.30 horas. O aforo está limitado a 30 persoas e as entradas despáchanse este venres na Vicerreitoría de Lugo

A actriz silledense ofrecerá este luns 14 de setembro, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o monólogo cómico ‘María Pita. Conversas cunha heroína’ no marco das burbullas creativas promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa a prol da cultura en galego que conta con financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
O aforo para presenciar este espectáculo está limitado a un máximo de 30 persoas, a fin de dar cumprimento así á normativa sociosanitaria vixente por mor da pandemia provocada pola COVID-19. As persoas interesadas en acudir como público a este monólogo poderán retirar de balde os convites este venres 10 de setembro na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo. O horario de retirada de entradas é de 10.00 a 13.30 horas.